Bienvenido

Bienvenido al pequeño blog de David Campos. Espero que disfrutes de los poemas aquí escritos. Si es posible, deja un comentario.
Me gustaría que compartas con tus amigos las cosas que te gusten y poder así hacer crecer este humilde blog. Gracias...

Agradecería que pulsases el botón [+1] de los poemas que te gusten. Saludos.
Si te gusta leer historias, visita mi blog de relatos Entre la mente y el corazón.

jueves, 13 de diciembre de 2012

Aloumiño feble que percorre a pel

Aloumiño feble que percorre a pel,
corta o ar ao seu paso;
quenta as meixelas, da saltos meigos,
cae rendido sobre o teu lombo espido.

Tons vermellos cálidos como a luz do sol
tinguen as túas fazulas;
ollos perdidos no silencio afábel
de labios suaves, húmidos; de brandos bicos.

Súa o peito e soña e medra
e vive e lembra e queima e xime.
Quenta e sinto e roza e treme
e bica e ri e abraza e fitas
mirando nada, sorrindo núa, en ar e terra.

Peitos curvos, de limón, de mel,
rouban con don o meu abrazo;
síntoos de seda, como os teus beizos,
fanme meniño, pobre, de novo un crío.

Clon, xamelga tan cerca miña... Tanto amor
brila coa túa tenrura!
Soños nacidos dun momento clave,
de labios suaves, húmidos; de brandos bicos.

Lúa crecente é a túa cintura
e calma e tensa é a túa nádega.
Morro e vivo e rozo e tremo,
e bico e río e abrazo e fitas
mirando nada, sorrindo núa, en ar e terra.

Aloumiño que corta; quenta; cae...
Tons que tinguen ollos; labios...
Peitos que rouban; que sinto; que me fan meniño...
Clon que brila nos meus soños, nos teus bicos.

Ficar abrazados; núos; lixeiros; puros
na noite pura; lixeira; núa, que nos abraza.

Adicado a Carlos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario